Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1959 Chiapas, México |
Morte | 6 de xaneiro de 2006 (46/47 anos) San Cristóbal de las Casas, México, preto do lugar |
Causa da morte | insuficiencia renal tuberculose |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | México |
Actividade | |
Ocupación | política , revolucionario |
Período de actividade | 1994 - |
Carreira militar | |
Lealdade | Exército Zapatista de Liberación Nacional |
Rama militar | Exército Zapatista de Liberación Nacional |
A Comandanta Ramona, nada en 1959 no estado mexicano de Chiapas e finada o 6 de xaneiro de 2006 en San Cristóbal de Las Casas, foi unha muller indíxena tzotzil e comandante do Exército Zapatista de Liberación Nacional de Chiapas, México, que finou o 6 de xaneiro de 2006 por causa de cancro no ril. O termo "comandanta" era o nome do seu cargo no EZLN, para referirse a ela en particular. Foi unha das figuras públicas máis importantes da primeira etapa do levantamento zapatista e central para o Movemento de mulleres zapatistas.
Foi unha das representantes máis destacadas do EZLN durante os primeiros anos de vida pública do movemento. O grupo musical Quetzal dos Ánxeles gravou o tema Todos somos Ramona na súa honra.